|
SINDICATO
DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA | |
| |
| Instrucións das Delegacións Provinciais sobre a modificación do calendario escolar Nas instrucións remitidas aos centros escolares sobre a modificación do calendario escolar nos meses de xuño e setembro, o STEG quere mostrar o seu desacordo con dous puntos do mesmo.
Desde o STEG xa lle temos solicitado por escrito, tanto a Secretaría Xeral como as Delegacións Provinciais que estes dous puntos sexan mudados nos seguintes termos:
De non facer caso á nosa solicitude, no que respecta ao horario de entrada, desde o STEG animamos a todos os centros que na súa solicitude fagan constar o horario que se decida no Consello Escolar, independentemente do que funcionara no curso 2006/2007. Pregamos que calquera problema que poida xurdir a este respecto, nolo fagades saber para esixir a súa solución ante o Delegado Provincial ou ben, na comisión de seguimento do acordo, ante a Secretaría Xeral. Secretariado Nacional do STEG |