Desde o STEG vemos con preocupación
como se achega o final da posibilidade de acollerse á xubilación
anticipada LOE que rematará no 2011 co período de
aplicación da devandita lei.
Tras case 20 anos de exercer un dereito que entendemos debe consolidarse,
asistimos, en cambio, a propostas por parte do Goberno central de
retrasar a xubilación ata os 70 anos, ou peor, ata os 75
segundo as directrices da Unión Europea.
Isto lévanos a iniciar a campaña “POLA
PRÓRROGA INDEFINIDA DA XUBILACIÓN ANTICIPADA LOE”
no convencemento de que esta reivindicación de todas as traballadoras
e traballadores do ensino é agora máis necesaria que
nunca.
Con esta campaña pretendemos concienciar a todo o profesorado
da necesidade de non perder este dereito. Non é unha cuestión
de idade; se non o conseguimos, todas e todos sairemos prexudicados.
Para mostrar o apoio á consolidación
deste dereito podes colaborar imprimindo a folla de sinaturas
e invitando a asinar ao profesorado do teu centro.
Cantas máis sinaturas, máis forza teremos na nosa
demanda.
Por outra banda, manteremos entrevistas cos grupos políticos
do parlamento, tanto estatal como galego, co fin de que promovan
as medidas lexislativas necesarias para garantir este dereito.
Díptico
informativo sobre a campaña
Folla
recollida sinaturas
|