|
ARTIGOS DE OPINIÓN |
SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DO ENSINO DE GALICIA |
A familia das actividades fisicas e deportivas a nivel profesional
ALFONSO
IGLESIAS
Xefe do departamento de Educación Física do IES 'Monte Castelo' e
portavoz da coordinadora de centros da provincia de Lugo que ímparten a familia
profesional das actividades físicas e deportivas
Tíñamos, os profesionais das actividades físicas e deportivas, a ilusión e máila confianza de que algo ia a cambiar no contexto desta familia profesional. Intuíamos que actuacións moi puntuais e transcendentes, que se estaban a producir, por parte das institucións correspondientes traerían como resultado unha actualización e modernización do deporte e sobre todo unha maior dignificación e recoñecemento deste, por parte da opinión pública e da sociedade en xeral, medios de comunicación incluidos.
A
implantación na década pasada a nivel académico da nova formación
profesional específica coas novas 22 familias profesionais, entre as que se
atopaba a de "Actividades fisicas
e deportivas" suporía a formación por vez primeira, neste país, de técnicos
especilizados nesta familia profesional, que supostamente terían un rápido e fácil
acceso o mundo laboral pola alta e urxente demanda de persoal cualificado neste
sector profesional, cada día máis demandado e maioritariamente máis recoñecido.
Máis recientemente, a nova lei do deporte incluía por fin a catalogación definitiva das titulacións deportivas especificadas en distintos niveis académicos, e que supoñía a eliminación dunha longa teima existente entre os ata o de agora dous entes capacitados para expedir titulacións deportivas, de todos sobradamente coñecidos. Deste xeito figuras coma o de entrenador, titulación expedida pola federación correspondente, sin recoñecemento académico pasaría a chamarse técnico superior ou especialista dun deporte concreto, cunha formación académica tipificada e recollida nun currículum formado por módulos profesionais cun número de horas claramente establecidas.
Logo dunha marxe de tempo de consolidación das actuacións descritas, observamos que a valoración que se pode extraer é bastante desoladora en relación coas espectativas creadas inicialmente. Existen indicios claros que proban o mantemento do sistema deportivo tradicional, xeralmente en mans de persoal non titulado nin capacitado para o desenvolvemento destas actividades e sobre todo por parte das institucións que toleran, permiten e incluso fomentan e permiten estas situacións e que tratamos de reflexar.
A familia das
actividades físicas e deportivas a nivel profesional (e II)
ALFONSO IGLESIAS*
En primeiro lugar existe un grande e grave
descoñecemento das titulacións deportivas; así temos que a miudo aparecen
certos términos na prensa deportiva , tales como "monitor lúdico",
"monitor deportivo", "animador físico" ou "animadores
do concello" que non se corresponden nin se identifican con ningunha
titulación profesional. Unha vez máis vémonos na obriga de aclarar que as únicas
titulacións deportívas profesionasis son ás de Técnicos medio, e superior .
Os monitores son 'figuras deportivas que acadan esta "cualificación"
a través de diplomas ou certificacións de asistencia a cursiños específicos
cunha duración media de entre 30 e 60 horas, e sen unhas capacidades técnico
formativas delimitadas, sen formación académica regulada (metodoloxía,
formación e orientación laboral, xestión de empresas deportivas, ... ) e sen
desenvolver un programa formativo de perto de 400 horas nun centro de traballo
específico, como acontece cos técnicos.
Asemade as institucións e empresas públicas
e privadas seguen a contratar persoal non cualificado para desenvolver un posto
de traballo relacionado co perfil do técnico deportivo, provocando un "¡ntrusismo"
laboral descoñecido nos outros sectores profesionais. Así mentras que resulta
paradóxico e insólito polo que ten de sorprendente selecionar por parte dunha
empresa do sector a un Técnico superior en administracción de sistemas informáticos
para realizar tarefas relacionadas coa família profesional das
"Actividades marítimo pesqueiras" ou a un Técnico en
administraccións agrícolas intensivas para desenvolver un traballo nun entorno
profesional da familia da Imaxe e son", resulta por outra banda cando menos
"admisible" e "entendible "que persoal titulado en Xestión
administrativa e Administracción e finanzas por poñer un exemplo desenvolva tarefas relacionadas coas Actividades fisicas e deportivas , porque
supostamente este sector profesional non require dunhas capacidades ou
habilidades especfficas para a súa ensinanza e aprendizaxe.
Desgraciadamente feitos tráxicos e
indesexables coma o acontecido o pasado mes de marzo no Pirineo catalán coa
morte de dous alumnos cando realizaban actividades no medio natural dirixidos
por persoal sen a titulación deportiva correspondiente, corroboran as reflexións
anteriores, e para rematar os despropositos algunha adminístracción para
resolver os problemas derivados da situación anterior, a solución que adopta
é retirar as tarefas de certo risco dos campamentos de verán. ¿ Para que
sirven entón os "Técnicos en conducción de grupos no medio natural"
, e as súas capacidades acadadas ó longo do programa formativo no centro
educativo e na empresa ó longo de 1600 horas académicas?
0 IES 'Monte Castelo' é un dos doce centros
educativos da Comunidade Galega (preto de sesenta en todo o territorio nacional)
que está a impartir o ciclo formativo superior
"Animación de actividades fisicas e deportivas", a través do
seu Departamento de Educación Física ten o compromiso non somentes da
formación do alumnado dacordo co desenvolvemento currícular do ciclo e por
conseguinte da adquisición das capacidades formativo productivas relacionadas
co perfil profesional dos técnicos que está á formar, senón que tamén se
interesa pola súa inserción no mundo laboral, pola súa capacidade para
resolver todo tipo de continxencias na propia empresa, e por amosarlle aquelas
empresas e institucións que máis se preocupan en planificar e realizar
actividades físicas e deportivas como unha forma de ocupar o tempo de ocio dos
cidadáns e en definitiva de mellorar a calidade de vida dises.
Hoxe que estamos xa en pleno século XXI,
nalgunhas facetas, curiosamente cada día máis identificadas coa modernidade e o
progreso, como e o exercício fisico e a boa saúde, seguimos preservando as
tradicións mais arcaicas.
*Xefe do departamento de Educación Física do IES 'Monte Castelo' e
portavoz da coordinadora de centros da provincia de Lugo que ímparten a familia
profesional das actividades físicas e deportivas
| Imprimir
este artigo |