Europa Laica
Europa Laica recorda que este curso, unha vez máis, miles de nenas e nenos cursarán relixión católica por presións dos centros escolares, como consecuencia dunha lexislación ambigua e confesional
A asociación estatal Europa Laica recorda que durante este curso escolar 2009-2010, unha vez máis, miles de nenas e nenos veranse cominados a cursar relixión católica no seu colexio, ao recibir as súas familias presións en tal sentido, como consecuencia de non dispor dunha lexislación constitucional e adecuada. Por esto, e co obxectivo de garantir os dereitos fundamentais de toda a cidadanía, Europa Laica esixe que a materia de relixión sexa eliminada do currículo educativo.
Os centros escolares concertados de ideario católico (financiados con fondos públicos) e moitos centros públicos, esgrimindo diversas causas, presionan ás familias e obrigan ao alumnado a recibir ensinanza relixiosa. Esta asociación estatal ten datos fehacientes, como consecuencia das denuncias que recibe, de que miles de cidadanas e cidadáns están pagando un prezo moi alto polo mantemento da ensinanza de relixión nos centros escolares, que é a vulneración dos dereitos fundamentais.
Europa Laica considera que estes feitos estanse producindo pola existencia dunha lexislación ambigua e confesional que mantén despois de máis de trinta anos de democracia a relixión nas aulas, que non garante os dereitos dos que non queren cursar esta materia e que favorece a concertación de centros escolares de carácter relixioso non suxeitos a un adecuado control social e administrativo por parte do Estado que os financia.
Europa Laica recorda que:
- Ningún neno ou nena está obrigado a asistir a clase de relixión, sexa cal sexa a titularidade do centro onde está escolarizado (público, privado - concertado ou privado). Polo tanto, calquera maniobra do centro para obrigar ás familias a que os seus fillos cursen relixión é inconstitucional, e incluso podería constituír un delito.
- Ningún neno ou nena pode ser discriminado ou non recibir a debida atención educativa mentres outros menores asisten a relixión. Os centros teñen o deber de organizar os horarios lectivos priorizando as áreas comúns, sen que, no seu caso, a relixión interrompa o normal funcionamento dos centros, ao ser unha materia voluntaria e non formar parte do currículo xeneral.
Sen embargo, Europa Laica recibe habitualmente denuncias sobre a deficiente interpretación que fan algúns centros de ensino e algunhas consellerías de Educación sobre a actual lexislación. Deste xeito:
- A maioría dos centros privados - concertados cominan aos pais e nais a matricular aos seus fillos e fillas en relixión, invocando ao ideario propio do centro. Ademais, baixo o pretexto da “liberdade de ensino”, alegan que si non queren relixión escollan outro centro educativo diferente.
- Moitos centros de titularidade pública, recomenda aos pais e nais sobre a necesidade de matricular aos seus fillos e fillas en relixión, unhas veces por cuestións de tipo organizativo, en especial no ámbito rural, outras por prantexamentos confesionais e incluso laborais, para intentar preservar o posto de traballo das persoas que imparten relixión.
Máis do 50% do alumnado de secundaria da escola pública xa non asiste a clase de relixión, segundo datos oficiais, o que xenera enormes problemas organizativos para os centros e o secuestro de miles de alumnas y alumnos no centro educativo.
Europa Laica recorda que os dereitos fundamentais que a Constitución ampara deben ser respectados por todos os centros educativos, independentemente da súa titularidade. Ademais, cando un centro escolar recibe diñeiro público debe ser aínda máis escrupuloso no cumprimento da legalidade vixente.
Europa Laica cree que para protexer os dereitos fundamentais de todas as persoas, o ensino da relixión debe saír do horario lectivo, como paso previo a súa retirada dos centros escolares. O ámbito para o ensino dos dogmas e crenzas relixiosas non debe darse nos centros escolares, senón nos lugares de culto das diferentes confesión e no ámbito familiar.
Madrid, 10 de setembro de 2009