Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

XORNADAS SOBRE A LINGUA

Nº de horas totais de formación: 8 horas (1)

Lugar de celebración: MUPEGA (rúa San Lázaro, 107. Santiago de Compostela)

Datas:
19 (sábado) de xuño de 2010

Horario:
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 20:00 (8 horas)

Aforo: 100 persoas

Profesorado: No cadro que aparece máis abaixo

Matriculación: Pechado o prazo de inscrición on-line. Podes facelo 1/2 hora antes do incicio das xornadas no propio MUPEGA

Prazos de inscrición:
Prazos de inscrición:
• desde o 27 (xoves) de maio de 2010

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación: gratis
• Persoas non afiliadas: 20 €

Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
1.000 €
Ingresos estimados
1.000 €
Saldo 0€


OBXECTIVOS:

  • Promover unha reflexión pública e ponderada sobre a problemática das sociedades plurilingües contemporáneas.
  • Facilitar un espazo e unha ocasión para a análise crítica da(s) política(s) lingüística(s): a actual, as anteriores, a doutras comunidades.
  • Incentivar o debate público, democrático e respectuoso coas diferenzas e as minorías sobre a cuestión da lingua na Galiza de hoxe.
  • Posibilitar o intercambio de pareceres verbo do novo marco educativo deseñado polo decreto do plurilingüismo.
  • Acadar algunhas conclusións orientadas á formulación de propostas positivas e posíbeis de cara á recuperación do galego como lingua de uso normal na escola galega.
  • Fomentar a proposta de modelos alternativos para a normalización lingüística do galego.

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• PLURILINGÜISMO como fenómeno característico das sociedades industrializadas contemporáneas (relatorio + coloquio).
• Análise crítica e debate sobre A(S) POLÍTICA(S) LINGÜÍSTICA(S): a actual, as anteriores, a doutras comunidades, outros modelos de normalización… (rolda de 4 intervencións + debate).

MAÑÁ

HORA
TÍTULO
PARTICIPANTES
10-10:15
Benvida, inauguración…
10:15-11:45
Plurilingüismo: unha perspectiva antiglobalizadora
O PLURILINGÜISMO
Plurilingüismo e política lingüística para o galego
Teresa Moure

Goretti Sanmartín

12:00-12:30
Receso
12:30-14:00
Análise crítica e debate sobre A(S) POLÍTICA(S) LINGÜÍSTICA(S): a actual, as anteriores, a doutras comunidades, outros modelos de normalización…
(rolda de 4 intervencións + debate)
Socorro García Conde, Alba Nogueira, Francisco Fernández Rei, Xaime Subiela, Pilar García Negro


TARDE

16:30-17:00
Acto lúdico crítico (preludio cómico, improvisación, lectura…)
Arremecaghona e Leo (2)
17:00-19:00
Análise crítica e debate sobre O GALEGO NO ENSINO no novo marco deseñado polo decreto do plurilingüismo (rolda de 4 ou 6 intervencións + debate)
Anxo Lorenzo, Bernardo Penabade, Rexina Vega, Xosé Antonio Calviño Martínez, representación do STEG
19:00-19:30
Descanso [tempo para redactar as posíbeis conclusións, á vista das propostas e intervencións recollidas ao longo das Xornadas]
19:30-20:00
Conclusións e clausura

 

(1)Está solicitada homologación como curso de formación de 8 horas.
(2)Pendente de confirmación definitiva