Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Recursos e materiais para combater a homofobia nas aulas

Nº de horas totais de formación: 10 horas

Lugar de celebración: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra)

Datas:
12 (venres) de marzo de 2010
13 (sábado) de marzo de 2010

Horario:
venres: 18:00 - 21:00 (3 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 19:00 (7 horas)

Aforo: 25 persoas

Profesorado: Purificación Cabido Pérez (Profesora de ensino secundario. Especializada en cuestións de xénero e igualdade)

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
• 22 (martes) de decembro de 2009 para a afiliación
• 29 (martes) de decembro de 2009 para o resto das persoas

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación en activo: 25 €
• Afiliación en situación de desemprego: 15 €
• Persoas non afiliadas: 35 €



Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
440 €
Ingresos estimados
440 €
Saldo 0 €


OBXECTIVOS:

• Abordar a educación sexual dende unha ollada integradora e inclusiva e dende o respecto á diferenza.
• Fomentar mudanzas de actitudes no profesorado e no alumnado para unha abordaxe positiva da diversidade sexual.
• Relacionar a homofobia, lesbofobia, transfobia, etc. co sistema sexo/xénero e coa violencia de xénero.
• Achegar recursos para o profesorado que permitan traballar este tema nas aulas

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• Apuntamentos sobre sexualidade: a sexualidade como produto cultural.
• Diferentes sexualidades ao longo da historia: quen é “normal”? A heterosexualidade normativa.
• Educación na diversidade: o sistema sexo-xénero. Conceptos claves sobre as sexualidades transgresoras. Mitos sobre lesbianismo e homosexualidade.
• Movementos sociais feministas, lésbicos, homosexuais e transexuais na Galiza e no Estado, o seu papel na historia e evolución dos dereitos sexuais.
• O dereito á diferenza: a educación sexual como valor transversal no currículo.
• Acoso sexual na escola.
• Materiais e recursos coeducativos para traballar nas aulas.
• Ficheiro de recursos