Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Cestería con xornais e outros materiais de refugallo na escola

Nº de horas totais de formación: 10 horas

Lugar de celebración: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n. Pontevedra)

Datas:
29(venres) de xaneiro de 2010
30 (sábado) de xaneiro de 2010

Horario:
venres: 18:00 - 21:00 (3 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 19:00 (7 horas)

Aforo: 25 persoas

Profesorado: Idoia Cuesta Alonso (Licenciada en Bioloxía, Mestra Artesá)

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
• 22 (martes) de decembro de 2009 para a afiliación
• 29 (martes) de decembro de 2009 para o resto das persoas

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación en activo: 25 €
• Afiliación en situación de desemprego: 15 €
• Persoas non afiliadas: 35 €

Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
440 €
Ingresos estimados
440 €
Saldo 0 €


OBXECTIVOS:

• Facilitar recursos e ideas sobre as posibilidades que ofrece a cestería para o seu desenvolvemento posterior nas aulas.
• Recuperar para o mundo do ensino esa pequena parte da cultura tradicional que representa a nosa artesanía e os seus oficios tradicionais, adaptando as técnicas tradicionais aos materiais de refugallo.
• Potenciar a creatividade, habilidade manual e a aficción polo traballo artesanal.
• Aprender a aproveitar os materiais de refugallo para facer novas creacións de forma sostible e respectuosa co medio ambiente.
• Valorar a autoestima e satisfacción no traballo realizado por un mesmo e de maneira colectiva
• Descubrir que coas propias mans pódense elaborar cestos, con diversos materiais

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• Preparación dos materiais.
• Técnicas de tecido: enrolado, trenzado, ....
• Técnicas de cosido.
• Técnicas de atado para cestas abertas e pechadas.
• Técnicas para controlar e alterar a forma.
• Técnicas de remate.
• Reflexión sobre as posibilidades didácticas da cestería e dos materiais de refugallo na aula