Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

A expresión corporal e oral para a escola

Nº de horas totais de formación: 10 horas

Lugar de celebración: CEIP Irmáns Villar (rúa Pena Trevinca, 41. Ourense)

Datas:
26 (venres) de febreiro de 2010
27(sábado) de febreiro de 2010

Horario:
venres: 18:00 - 21:00 (3 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 19:00 (7 horas)

Aforo: 20 persoas

Profesorado: Pablo Silva (Profesor de Teatro)

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
• 22 (martes) de decembro de 2009 para a afiliación
• 29 (martes) de decembro de 2009 para o resto das persoas

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación en activo: 25 €
• Afiliación en situación de desemprego: 15 €
• Persoas non afiliadas: 35 €



Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
440 €
Ingresos estimados
440 €
Saldo 0 €


OBXECTIVOS:

• Recoñecer que a mente non é todo: “dar palabra ao corpo” modifica as estruturas de pensamento.
• Partir do descubrimento dos sentidos a través do xogo para buscar unha linguaxe propia coa que sentir, expresar e comunicar dun xeito integrador, auténtico e creador

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• O corpo e a voz no espazo e no grupo.
• Traballo cos demais: a comunicación a través do xogo.
• Traballo cos elementos: confianza, observación, escoita, concentración, imaxinación, creatividade.
• O movemento e o son como elementos para xogar, comunicar e crear