Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Obradoiro: “Elabora o teu propio monicreque”

Nº de horas totais de formación: 12 horas

Lugar de celebración: Centro Residencial LUG II (rúa Pintor Corredoira, s/n, Lugo)

Datas:
26 (venres) de febreiro de 2010
27 (sábado) de febreiro de 2010

Horario:
venres: 17:00 - 21:00 (4 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 20:00 (8 horas)

Aforo: 20 persoas

Nome do relator: Carlos Portomeñe Pérez (Mestre Artesán)

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
• 22 (martes) de decembro de 2009 para a afiliación
• 29 (martes) de decembro de 2009 para o resto das persoas

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación en activo: 27 €
• Afiliación en situación de desemprego: 17 €
• Persoas non afiliadas: 37 €

Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
480 €
Ingresos estimados
480 €
Saldo 0 €


OBXECTIVOS:

• Facilitar recursos e ideas sobre as posibilidades do cartón pedra dentro da aula.
• Adquirir nocións básicas de deseño e construción de monicreques.
• Potenciar a creatividade, habilidade manual e o gusto polo traballo artesanal.
• Descubrir o potencial dos materiais que temos a man para o seu uso na aula

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• Introdución aos monicreques
• Nocións básicas de modelado e baleirado
• Deseño e construción de máscaras
• Introdución ás sombras chinesas
• Deseño e construción de sombras chinesas
• Deseño e construción de monicreques