Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

Obradoiro de competencia emocional: aplicacións no noso sistema social

Nº de horas totais de formación: 24 horas

Lugar de celebración: Centro Socio Cultural José Saramago (rúa Pintor Carlos Maside, s/n, Vite. Santiago de Compostela)

Datas:
5 (venres) de marzo de 2010
6 (sábado) de marzo de 2010
12 (venres) de marzo de 2010
13 (sábado) de marzo de 2010

Horario:
venres: 17:00 - 21:00 (4 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 20:00 (8 horas)

Aforo: 25 persoas

Profesorado: Carmen Sarmiento (Licenciada en Pedaxogía musical. Profesora de música. Formación en psicoloxía e comunicación non violenta)

Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:
• 22 (martes) de decembro de 2009 para a afiliación
• 29 (martes) de decembro de 2009 para o resto das persoas

Criterios de inscrición:
• 1° Persoas afiliadas
• 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición

Prezos da inscrición:
• Afiliación en activo: 55 €
• Afiliación en situación de desemprego: 35 €
• Persoas non afiliadas: 79 €

Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
1.000 €
Ingresos estimados
1.000 €
Saldo 0€


OBXECTIVOS:

• Desenvolver actitudes críticas sobre estereotipos e prexuízos, incorporando novos modelos igualitarios
• Fomentar o uso da linguaxe non sexista
• Incorporar a perspectiva de xénero no ámbito educativo
• Achegar recursos para a práctica educativa coeducadora

PROGRAMA DE CONTIDOS:

• Sexo/Xénero. Procesos de socialización
• O uso da linguaxe e a imaxe sexista, como modos de perpetuación das desigualdades por razón de xénero
• Educación mixta fronte a educación coeducativa
• Análise e reflexión da presenza da figura da muller na escola
• Materiais coeducativo para o traballo nas aulas
• Ficheiro de recursos