| |
"A COOEDUCACIÓN COMO PRÁCTICA DOCENTE"
- Profesorado: Pilar Lorenzo Campos e Begoña Suárez García
- Horas de formación: 10 horas
- Lugar de celebración: Local do STEG (avenida de Coimbra, 15, local, Santiago de Compostela)
- Datas: 20 (venres) e 21 (sábado) de novembro de 2009
- Horario:
- venres: 18:00 – 21:00
- sábado: 10:00 – 14:00 // 16:00 – 19:00
- Aforo: 25
- Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición (ligazón)
- Prazos de inscrición:
- 5 (luns) de outubro de 2009 para a afiliación
- 13 (martes) de outubro de 2009 para o resto das persoas
- Criterios de inscrición:
- 1° Persoas afiliadas
- 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición
- Prezos da inscrición:
- Afiliación en activo: 25 €
- Afiliación en situación de desemprego: 15 €
- Persoas non afiliadas: 35 €
- Orzamento estimado do curso:
Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...) |
500 € |
Ingresos estimados |
500 € |
Saldo |
0 € |
|
| OBXECTIVOS:
- Desenvolver actitudes críticas sobre estereotipos e prexuízos, incorporando novos modelos igualitarios
- Fomentar o uso da linguaxe non sexista
- Incorporar a perspectiva de xénero no ámbito educativo
- Achegar recursos para a práctica educativa coeducadora
PROGRAMA DE CONTIDOS: - Sexo/Xénero. Procesos de socialización
- O uso da linguaxe e a imaxe sexista, como modos de perpetuación das desigualdades por razón de xénero
- Educación mixta fronte a educación coeducativa
- Análise e reflexión da presenza da figura da muller na escola
- Materiais coeducativos para o traballo nas aulas
- Ficheiro de recursos
|
|