Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

"OBRADOIRO DE COMPETENCIA EMOCIONAL: APLICACIÓNS NO NOSO SISTEMA SOCIAL"

  • Profesorado: Ramón Molina Gómez
  • Horas de formación: 24 horas
  • Lugar de celebración: Local do STEG (avenida de Coimbra, 15, local, Santiago de Compostela)
  • Datas: 29 (xoves) e 31 (sábado) de outubro e 5 (xoves) e 7 (sábado) de novembro de 2009
  • Horario:
    • xoves: 18:00 – 22:00
    • sábado: 10:00 – 14:00  // 16:00 – 20:00
  • Aforo: 25
  • Matriculación: Farase unicamente cubrindo a folla de inscrición (ligazón)
  • Prazos de inscrición:
    • 5 (luns) de outubro de 2009 para a afiliación
    • 13 (martes) de outubro de 2009 para o resto das persoas
  • Criterios de inscrición:
    • 1° Persoas afiliadas
    • 2° Persoas non afiliadas por orde de inscrición
  • Prezos da inscrición:
    • Afiliación en activo: 55 €
    • Afiliación en situación de desemprego: 35 €
    • Persoas non afiliadas: 79 €
  • Orzamento estimado do curso:

Gastos aproximados

(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)

1000 €

Ingresos estimados

1000 €

Saldo

0 €

OBXECTIVOS:

  • Propiciar no profesorado unha reflexión sobre as emocións
  • Vivenciar procesos de estimulación emocional nas aulas
  • Adquirir destrezas básicas para o manexo do grupo, entendéndoo como unha figura con personalidade propia na dinámica educativa

 

PROGRAMA DE CONTIDOS:

  • A competencia emocional: características básicas
  • A conciencia do mesmo. Antes de nada, coñezámonos
  • A autorregulación. Saber expresar e controlar emocións axeitadamente
    • Proposta dunha experiencia práctica na expresión emocional
  • A motivación. O motor que move ás persoas. Construamos propostas para motivar
  • A empatía. Vivencialización de diferentes estratexias de desenvolvemento da nosa capacidade empática na linguaxe emocional
  • As habilidades sociais e a educación emocional no contexto educativo
  • Deseño de propostas educativas para mellorar a competencia emocional do noso alumnado