Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

ENGLISH FOR TRAVELLING (Inglés para viaxeiros)

HORAS DE FORMACION: 20

LUGARES DE CELEBRACIÓN, DATAS e HORARIOS:

Santiago de Compostela
Lugar: na sede do sindicato (Avda. Coimbra 15, baixo)
Datas: 12, 19 e 26 (sábados) de xaneiro
Horario: sábados 12 e 19 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 / sábado 26 de 10:00 a 14:00

A Coruña
Lugar: IES de Someso
Datas: 9, 16 e 23 de febreiro
Horario: sábados 9e 16 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 / sábado 23 de 10:00 a 14:00

Nº DE PRAZAS: 15

CRITERIOS DE INSCRICIÓN: 1º: persoas afiliadas por orde de inscrición. Prazas sobrantes: persoas non afiliadas por orde de inscrición

PREZO MATRÍCULA: afiliación gratis / non afiliación 30 €

DESTINATARIOS: Esta actividade é propia do nivel lingüístico Básico Alto/Intermedio (correpondente ao nivel A2/B1 do Marco Europeo de Referencia para o ensino de Linguas Estranxeiras), polo que está dirixida principalmente a aqueles docentes de calquera nivel educativo (Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Ensinanzas de Réxime Especial) que posúan uns coñecementos básicos da Lingua Inglesa e estean interesados en mellorar as súas destrezas comunicativas e de comprensión auditiva.


OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

Son obxectivos xerais do curso os seguintes:

  • Comprender de forma xeral información relacionada coas viaxes sempre que o discurso se artelle dun xeito claro nun nivel de lingua estándar.
  • Utilizar con flexibilidade unha linguaxe ampla e sinxela para expresar a meirande parte do que se quere transmitir.
  • Ser capaz de manter unha conversa ou pedir información de interés persoal.
  • Entender sinais, carteis ou instrucións.
  • Participar en conversas sobre asuntos habituais dun xeito espontáneo.

Son obxectivos específicos do curso os seguintes:

  • Mellorar a fluidez da expresión oral e mellorar a comprensión auditiva.
  • Familiarizarse cos conectores habituais do discurso oral.
  • Entender mensaxes, discursos ou conversacións que traten temas frecuentes de relevancia inmediata (por exemplo, familia, compras, emprego, instruccións, tempo atmosférico, vacacións...).
  • Localizar información concreta nun discurso.
  • Expresar dun xeito comprensible a idea principal que se quere dar a entender.