Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA TRABALLAR A IGUALDADE

HORAS DE FORMACION: 12 horas

LUGARES DE CELEBRACIÓN, DATAS e HORARIOS:

Santiago de Compostela Matrícula pechada
Lugar: CEIP López Ferreiro - Compostela
Datas: 18 (venres) e 19 (sábado) de xaneiro
Horario: Venres de 17h. a 21h. Sábado de 10h. a 14h e de 16h. a 20h.

A Coruña Matrícula pechada
Lugar: IES de Someso
Datas: 8 (venres) e 9 (sábado) de febreiro de 2008
Horario: Venres de 17h. a 21h. Sábado de 10h. a 14h e de 16h. a 20h.

Ferrol Matrícula pechada
Lugar: CEIP de Esteiro
Datas: 15 (venres) e 16 (sábado) de febreiro
Horario: Venres de 17h. a 21h. Sábado de 10h. a 14h e de 16h. a 20h.

Vigo Matrícula pechada
Lugar: sen confirmar
Datas: 22 (venres) e 23 (sábado) de febreiro
Horario: Venres de 17h. a 21h. Sábado de 10h. a 14h e de 16h. a 20h.

Nº DE PRAZAS: 25 persoas

MATRICULA : Afiliación gratis, non afiliados 22€

CRITERIOS DE INSCRICIÓN: 1º: persoas afiliadas por orde de inscrición. Prazas sobrantes: persoas non afiliadas por orde de incrición


OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
Búscase que as persoas participantes na xornada formativa, a partir do marco da teoría de xénero adquiran uns coñecementos básicos que lles faciliten á integración do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no seu traballo nas aulas.
Lograr que o grupo de participantes:

  • Aprenda a detectar discriminacións indirectas e desigualdades de xénero nos centros educativos (CV oculto, organización do centro, linguaxes, contidos, actitudes, valores, actividades...)
  • Identifique a pertinencia de xénero na súa materia, módulo, actividades didácticas, programación, etc.
  • Manexe ferramentas prácticas para traballar á favora igualdade entre mulleres e homes nos centros educativos.
  • Adquira coñecemento teóricos básicos, e habilidades para traballar na aula contidos referidos á igualdade de oportunidades.
  • Coñeza materiais e sitios web onde procurar documentación práctica.