Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

A banda deseñada: aplicación práctica na aula

HORAS DE FORMACION: 10

LUGARES DE CELEBRACIÓN, DATAS e HORARIOS:

Santiago de Compostela Matrícula pechada
Lugar: na sede do sindicato (Avda. Coimbra 15, baixo)
Datas: 8 (venres) e 9 (sábado) de febreiro de 2008
Horario: venres de 18:00 a 21:00 / sábado: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00

A Coruña Matrícula pechada
Lugar: IES de Someso
Datas: 25 (venres) e 26 (sábado) de xaneiro de 2008
Horario: venres de 18:00 a 21:00 / sábado: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00

Ferrol Matrícula pechada
Lugar: CEIP de Esteiro
Datas: 22 (venres) e 23 (sábado) de febreiro de 2008
Horario: venres de 18:00 a 21:00 / sábado: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00

Pontevedra Matrícula pechada
Lugar: IES Xunqueira 1 (r/ Alexandre Bóveda, 1o)
Datas:venres 11 e sábado 12 de xaneiro
Horario: venres de 18:00 a 21:00 / sábado: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00

Vigo Matrícula pechada
Lugar: Liceo Marítimo de Bouzas (r/Cabello, nº 8, Bouzas, Vigo)
Datas: venres 18 e sábado 19 de xaneiro
Horario: venres de 18:00 a 21:00 / sábado: 10:00 - 14:00 e 16:00 - 19:00

Nº DE PRAZAS: 25

CRITERIOS DE INSCRICIÓN: 1º: persoas afiliadas por orde de inscrición. Prazas sobrantes: persoas non afiliadas por orde de inscrición

PREZO MATRÍCULA: afiliación gratis / non afiliación 20 €


OBXECTIVOS DO CURSO
O curso pretende unha aproximación práctica ao complexo e divertidísimo mundo do cómic. O obxectivo principal é dar conta das infinitas utilidades que posúe a banda deseñada para ser utilizada como ferramenta de traballo na aula.
Citaremos os seguintes obxectivos xerais:

  • Desenvolver a capacidade lectora, narrativa e a expresión plástica.
  • Observar e entender as destrezas comunicativas, tanto receptivas como comunicativas.
  • Reflexionar sobre a banda deseñada como canle de coñecemento das diversas culturas do mundo.
  • Explorar a orixe e a traxectoria do cómic ata hoxe.
  • Coñecer e diferenciar os distintos tipos e correntes de banda deseñada.
  • Adentrarse na estrutura interna da banda deseñada.
  • Entender, para poder aplicalas, as técnicas verbais e non verbais presentes nos cómics.