Inicio STEG
SINDICATO DE TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO ENSINO DE GALIZA
   Inicio

A cestería na escola: taller de iniciación á cestería elaborada con materiais de reciclaxe

HORAS DE FORMACIÓN: 30 horas

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Socioculural Uxio Novoneyra

DATAS: 9, 10, 16 e 17 de novembro

HORARIO: Venres de 18h. a 21:00h. Sábado de 9h. a 14h e de 16h. a 20h.

CUPO: 20 persoas

CRITERIOS DE INSCRICIÓN: 1º persoas afiliadas por orde de inscrición. Prazas sobrantes:persoas non afiliadas por orde de incrición

INSCRICIÓN: no tfno. 982240066 ou no email lugo@stegsindicato.org

PREZO: Afiliación grátis. Non afiliadas/os: 30€

PROFESORADO: Idoia Cuesta


OBXECTIVOS :

  • Coñecer e valorar o oficio tradicional da cestería para potenciar o seu uso na escola.
  • Apreciar a cestería como recurso didáctico innovador e creativo.
  • Coñecer as ferramentas de traballo propias de cestería.
  • Aprender a aproveitar os materiais de reciclaxe para facer novas creacións de forma sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • Desenvolver a creatividade facendo algo emocionante, orixinal e dinámico.
  • Traballar a motricidade fina, a lateralidade e o sentido espacial.
  • Potenciar a coordinación viso-motora.

PROGRAMA DE CONTIDOS :

  • Preparación dos materiais.
  • Técnicas de tecido simple.
  • Técnicas de cosido.
  • Técnicas de atado para cestas abertas e pechadas.
  • Técnicas para controlar e alterar a forma.
  • Técnicas de remate.
  • Reflexión sobre as posibilidades didácticas da cestería na aula.

MATERIAL:
As persoas participantes aportarán diversos materiais que normalmente se tiran ao lixo como:
Plásticos, papel do xornal, cables, envoltorios, cortizas, tapóns, roupa vella (medias, calcetíns, camisetas)...

FERRAMENTAS:
tesoiras
Punzón
Cola branca
Pincel